O RC Celta avanza na remodelación da súa estrutura de fútbol liderada por Marco Garcés cunha nova iniciativa para mellorar o funcionamento das categorías inferiores e o rendemento e competitividade dos xogadores. Desta maneira, unha selección de canteiráns de diversos equipos, desde o Xuvenil A ata o Cadete A, adestrarase cada dúas semanas na Cidade Deportiva Afouteza dirixidos polo adestrador do Celta C – Gran Peña, Fredi Álvarez, o asistente técnico Borja Oubiña e o preparador do primeiro equipo Rafa Benítez, entre otros.
Estas sesións preparatorias, nas que os xogadores, seleccionados por posicións, irán rotando, cumpren diversas funcións. Por unha banda permiten aos novos futbolistas da canteira ter acceso aos coñecementos e metodoloxía de adestradores e ex xogadores cunha longa traxectoria e experiencia no fútbol e tamén a unhas instalacións deportivas reservadas ata a data para primeiro equipo e filial, algo que constitúe un elemento motivador e afianza a transversalidade que se quere implantar na canteira.
En cada adestramento participan un total de 22 xogadores, seleccionados, entre outros criterios, pola súa proxección, de modo que estean todas as posicións cubertas para mellorar a calidade da sesión preparatoria.
Marco Garcés, directo de fútbol do RC Celta, destacou que “a intención do club e a miña intención é continuar sendo un club de canteira. Achegar aos novos talentos que temos ao corpo técnico de primeira división”.
Edu Covelo, responsable da Canteira, reafirma que “este exercicio cada 15 días busca subir o nivel de esixencia dos mozos. É unha maneira de mostrar que o club esta aliñado, que a aposta pola canteira segue moi firme e que este tipo de estratexias perseguen que o desenvolvemento dos xogadores optimícese.”