mensaje-iago-aspas-aficion-300120.jpg
Celtismo

O RC Celta pon a disposición dos seus abonados autobuses gratuitos para o partido de Mestalla

RC Celta


O RC Celta afronta este sábado ante o Valencia (Mestalla, 21.00 horas) un importante encontro de gran esixencia para o equipo celeste, que necesita canto antes unha vitoria para cambiar a súa dinámica e impulsarse na táboa. Para este partido, o club pon a disposición dos seus abonados autobuses gratuitos, que partirán a primeira hora do sábado desde o estadio de Abanca Balaídos e regresarán ao mesmo punto ao finalizar o encontro en terras valencianas.

Os abonados que desexen asistir ao choque deberán adquirir, a partir deste mércores nas taquillas do estadio, unha entrada para a grada visitante de Mestalla ao prezo de 25 euros e anotarse para a viaxe en autobús. Poderán ademais viaxar cun acompañante coa entrada ao mesmo prezo de 25 euros. Aqueles abonados que xa dispoñan de entrada para a grada visitante e desexen viaxar nun dos autobuses deberán anotarse nas taquillas de Abanca Balaídos. As entradas dispoñibles son un total de 450 e o prazo para anotarse para a viaxe finaliza o vés ás 12.00 horas.

Emisión do partido no Salón Regio de A Sede

O Salón Rexio da Sede abrirá o sábado as súas portas para que os afeccionados celestes que non poidan viaxar a Mestalla vivan unidos o importante partido ante a Valencia CF. A entrada abrirase media hora antes do inicio do partido (ás 20:30 horas) e será libre até completar aforo. Todos os asistentes gozarán de servizo de barra durante todo o choque.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas