fin de emana celta
Celtismo

O RC Celta pon a disposición dos seus abonados entradas gratuitas para o histórico partido do filial deste domingo

RC Celta

fin de emana celta

O Celta B ten unha cita histórica no Campo Municipal Villanovense este domingo ás 20.15 horas. Mídese ao Athletic Club de Bilbao B na primeira das dúas eliminatorias da fase de ascenso a Segunda División. E, unha vez máis, non estará só. O RC Celta adquiriu as 432 entradas que lle corresponden ao club para este encontro, con prezos entre os 15 e 25 euros, e ponas de xeito gratuito a disposición dos seus abonados para que poidan arroupar ao filial neste determinante partido.

Para este histórico encontro, cada abonado poderá solicitar unha entrada desde este momento e ata o ata o venres ás 12.00 horas, ou ata esgotar existencias, AQUÍ

A confirmación da entrada asignada a cada abonado realizarase de xeito instantáneo ao realizar a solicitude (no caso de que aínda haxa entradas e os datos sexan correctos) e o venres poderán recollelas nas taquillas do estadio de Abanca Balaídos (o horario de entrega confirmarase a cada abonado a través de correo electrónico).

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas