ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

O RC Celta pon en marcha reunións cos seus abonados para escoitar as súas suxestións

RC Celta

O RC Celta puxo en marcha unha rolda de reunións cos seus abonados para escoitar de primeira man a súa problemática, comentarios e suxestións co fin de poder mellorar a súa relación co club e o servizo que este lles ofrece.

Nestes encontros participan diversos empregados e responsables da entidade celeste e ata un centenar de abonados que participaron na enquisa que lles remitiu fai unhas semanas o RC Celta co fin de mellorar a relación entre a entidade e a súa masa social.

O club realizou un sorteo entre os participantes para asistir a estas reunións, que xa comezaron e terán continuidade durante as próximas semanas. A cada un dos encontros asisten un máximo de dez abonados para que todos eles poidan participar de xeito activo.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas