WhatsApp Image 2024-11-02 at 10.19.06
O Club

O RC Celta pon en marcha un punto de recollida para os afectados pola DANA

RC Celta

O RC Celta, en colaboración co Banco de Alimentos de Valencia, solidarízase coa poboación da Comunidade Valenciana e doutras zonas afectadas pola DANA poñendo en marcha unha campaña de axuda aos afectados. Antes do partido que terá lugar o luns 4 de novembro, na previa do Celta-Getafe, o club habilitará un punto de recollida de alimentos non perecedoiros e materiais de primeira necesidade. Desde as 19:00h ata as 21:00h, na entrada ao Museo situada na bancada de Gol, poderanse entregar os seguintes produtos esenciais:

– Alimentos non perecedoiros: conservas, leite en po, galletas, barras enerxéticas, pasta e arroz.
– Produtos de hixiene persoal: xabón, champú, cepillos e pasta de dentes, toalliñas húmidas, e produtos de hixiene feminina.
– Artigos para bebés: cueiros, leite en po e toalliñas para bebés.
– Medicamentos básicos e de primeiros auxilios: analxésicos, desinfectantes, vendas, máscaras e luvas refugables, así como medicamentos para enfermidades crónicas.
– Outros artigos: auga, mantas e toallas.

As choivas torrenciais e inundacións dos últimos días levaron a unha situación crítica na península e Baleares, polo que cada achega, por pequena que sexa, é invaluable. O club espera contar co respaldo do celtismo nesta recollida. Xuntos, podemos facer a diferenza.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas