Hemeroteca celtismo

O RC Celta pon este xoves á venda 630 entradas para o derbi de Riazor

RC Celta

aficion111115

 

O Real Club Celta porá este xoves á venda nos despachos de billetes de Balaídos un total de 630 entradas, ao prezo de 30 euros, para o derbi que se disputará en Riazor o sábado 21 do presente mes. Ata o venres, incluído, estes billetes poranse á venda exclusivamente para abonados. O luns e o martes, no caso de que houbese entradas e ata final de existencias, serán os peñistas os que poderán adquirir os billetes.

 

Cada abonado celeste poderá adquirir un máximo de dúas entradas sempre que a segunda sexa tamén para un abonado. Para iso deberá presentar o seu carné de abonado e o da persoa que lle acompañe ao partido, así como o DNI de ambos. En caso dos peñistas, pertencentes a peñas rexistradas, as condicións son as mesmas e de feito estas entradas serán nominativas e incluirán o nome e o número do Documento Nacional de Identidade do abonado ou peñista que se desprace a Riazor, onde deberá presentar o DNI para poder acceder ao estadio.

 

As entradas estarán á venda nos despachos de billetes de Balaídos, ata fin de existencias, a partir deste xoves en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

 

O abonado que acuda a retirar as entradas pode adquirir a do seu acompañante presentando orixinais ou fotocopias do DNI e carné de abonado deste.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas