Nutricionistas-RC-Celta
O Club

O RC Celta potencia a saúde dos seus xogadores co equipo de nutricionistas da Clínica RC Celta

RC Celta

Unha alimentación correcta, individualizada e medida até o mínimo detalle mellora a saúde e a eficacia deportiva. Por todo iso o RC Celta deu un paso importante esta tempada para controlar e potenciar o apartado nutricional do primeiro equipo. Desde o comezo da pretemporada, no mes de agosto, as nutricionistas da Clínica RC Celta, lideradas pola doutora Bertina Ferrández e o resto do equipo de Nutrendo, asesoran e deseñan o plan alimenticio dos xogadores do RC Celta.

Día a día, as nutricionistas do club acoden ás instalacións da Madroa para realizar un seguimento pormenorizado de cada un dos compoñentes do persoal celeste, atendendo ás súas necesidades e co único obxectivo de optimizar e potenciar o seu rendemento deportivo.

Ademais, o mesmo equipo de nutricionistas atópase a disposición de calquera usuario na Clínica RC Celta, situada na Sede. Baixo a dirección do Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta e médico da Selección Española, a Clínica RC Celta conta cos mellores profesionais do sector para atender e solucionar coas máximas garantías calquera caso, tanto de deportistas como de calquera outro tipo de paciente.

Para acudir é necesario solicitar cita previa no teléfono 886.160.955, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas