ESCUDO-1300x400-02
O Club

O RC Celta, presente na posta en marcha de LaLiga Impulso

RC Celta

O  RC Celta participa de maneira activa nas reunións de traballo, que se desenvolven no Centro de Convencións do parque temático  Port Aventura, de ‘ LaLiga Impulso’, o proxecto conxunto de  LaLiga e o fondo internacional  CVC para potenciar o crecemento dos clubs e a competición.

A este primeiro encontro acudiron máis de 350 profesionais, entre directivos e equipos de traballo, dos 39 conxuntos de Primeira e Segunda División que se sumaron a esta iniciativa, entre eles, unha representación do  RC Celta co obxectivo de coñecer a fondo as posibilidades de crecemento e mellora global que lle ofrece ao club este proxecto.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas