Hemeroteca celtismo

O RC Celta, preto de alcanzar o seu récord histórico de abonados

RC Celta

orgullosos-escudo.jpg

Cós carnets que aínda non se renovaron chegaríase aos 25.000

Espectacular. A desbordante ilusión e expectación do celtismo ante a terceira tempada consecutiva do Celta en Primeira División está a verse reflectida na Campaña de Abonados de maneira sobresaliente.

Tras unhas últimas semanas de intensa actividade nas dependencias de Balaídos e na plataforma online, o número de abonados actual elévase a máis de 21.500, unha cifra que se convertería en histórica ao engadir os carnés que aínda non foron renovados, xa que se chegaría aos 25.000 abonados.

 

O RC Celta anima aos celtistas que aínda non renovaron o seu abono a que o xestionen antes do xoves 17 de xullo, último día no que poderán beneficiarse das condicións promocionais da Campaña de Abonados: 5% de desconto e exención dos partidos designados como ‘Día do Club’.

 

Tempada tras tempada o celtismo medrou, madurou e fortaleceuse. As experiencias vividas nos últimos anos por afeccionados, equipo e club, unidos nos bos momentos pero sobre todo nos adversos, levaron ao RC Celta ata unha das mellores situacións a nivel social que se poida lembrar.

 

A familia celtista está máis unida que nunca, algo que se traduce nun crecemento tamén no deportivo. A cifra dos 25.000 abonados, quimérica anos atrás, non é tan só outro rexistro a bater, senón unha fronteira que cruzar xuntos en busca de novos soños, retos e dun Celta máis grande.

 

Horario das dependencias en Balaídos: de 9 a 15 e de 17 a 20 horas (de luns a venres) 

Renova ou date de alta online a través de www.celtavigo.org/abonosCelta

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas