O RCCelta acaba de recibir o Certificado ieE de ‘Excelencia en Xestión Empresarial’ apoiado polo xornal económico elEconomista.es e pola empresa de información comercial, financeira, sectorial e de mercadotecnia, Informa D&B.
Este certificado acredita que o club superou a avaliación de máis de 50 indicadores que poñen de manifesto a notable solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción de clientes/calidade, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización que posúe o RC Celta.
Coa obtención do devandito certificado ponse en valor a misión, visión e valores do RC Celta que impregnan e caracterizan a forma de executar todas as actividades realizadas. Entre un deses valores atópase a excelencia deportiva e empresarial tentando optimizar ao máximo a xestión mediante a eficacia e eficiencia de todas as nosas actuacións.
Este recoñecemento súmase aos que hai poucos semanas obtivo o club por parte do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Ao amparo da Catedra ARDAN da Universidade de Vigo, o RC Celta logrou un Indicador Ardan Empresa de Alta Produtividade 2019, un Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2019 e Indicador Ardan Empresa Gacela 2019.
Estes certificados poñen de relevo a aposta do RC Celta pola innovación, o crecemento do emprego, a rendibilidade e a satisfacción dos seus clientes así como a calidade dos seus servizos.