O Consello Superior de Deportes (CSD) concedeu ao Real Club Celta a Placa de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo, segundo comunicouse oficialmente a través dunha Resolución do Ministerio de Cultura e Deporte feita pública no Boletín Oficial do Estado (BOE). Trátase da máxima distinción que outorga o deporte en España, que o club vigués recibe, con sumo orgullo, no ano do seu Centenario. Este recoñecemento valora os méritos e circunstancias que concorren nos historiais deportivos e profesionais das persoas e entidades, aos seus éxitos deportivos ou á súa achega a desenvolvemento do deporte español. “Cen anos de historia, cen anos de vida. Canta persoas detrás deses cen anos. Hoxe quero acordarme de todos os presidentes, de todos os xogadores, empregados, da afección. Dos que xa non están, pero sentirían tan orgullosos deste recoñecemento como os que estamos”, comentou o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño. Destacou que “é un recoñecemento a unha traxectoria cuxo culmen é o día de hoxe, cunha xestión de club recoñecida en toda España e unha regularidade en Primeira División de doce 12 anos continuados que só podemos gozar oito equipos na liga española”. A concesión da Placa de Ouro do CSD, máxima distinción que outorga o estado español é un recoñecemento á historia e ao presente que debe enorgullecer a todo o celtismo e a toda a cidade”, concluíu Carlos Mouriño.
Novas club