RC Celta e Fundación gozaron este venres dun dos momentos máis especiais e emotivos do ano: a visita aos nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro. Os xogadores do primeiro plantel, o corpo técnico, o presidente Carlos Mouriño e varios directivos do club compartiron anécdotas, sorrisos, fotografías e autógrafos cos máis pequenos que se atopan na Planta de Pediatría e Urxencias do complexo hospitalario.
Os futbolistas visitaron aos cativos nas súas respectivas habitacións e entregáronlles distintos obsequios nunha xornada marcada pola emotividade e a ilusión dos nenos ingresados nun evento sempre moi especial para o club e todos os seus integrantes.