O RC Celta renova a súa imaxe gráfica coincidindo co inicio dunha nova e emocionante etapa para o club vigués, marcada polo regreso do equipo celeste ás competicións europeas e á posta en marcha de ilusionantes proxectos. A nova imaxe corporativa céltica conta cun deseño actual, visualmente potente, moito máis moderno e que respecta, conserva e enxalza os trazos de identidade do club.
A renovación do logotipo, que mantén o escudo da entidade, destaca polo protagonismo da cor celeste e da palabra Celta. Trátase dun proxecto realizado pola empresa viguesa People and Brand que consegue integrar e homoxeneizar a marca do club, un paso adiante na modernización e reposicionamiento do RC Celta.
Vive, soña, comparte: Celta Media
Este cambio de imaxe chega acompañado do nacemento da marca audiovisual do club, Celta Media. A través desta plataforma, a afección celeste sentirá desde esta tempada máis preto que nunca ao equipo grazas a novos contidos audiovisuais que chegarán a todo o celtismo polas diferentes redes sociais oficiais.
A interacción cos seguidores será clave neste novo e ilusionante proxecto, que se marca como obxectivo principal seguir achegando o club e o equipo á afección.