renova felipe 2621
O Club

O RC Celta robustece a súa parcela deportiva coa renovación de Felipe Miñambres

RC Celta

O RC Celta dá solidez ao seu ilusionante crecemento deportivo vivido durante a última tempada coa renovación do seu director deportivo, Felipe Miñambres, até xuño de 2022. Desta maneira, o club quere dar estabilidade ao proxecto coa continuidade do máximo responsable da parcela deportiva, que chegou a Vigo fai un lustro e que afrontará a súa sexta tempada no conxunto celeste.

Felipe Miñambres asinou o seu novo contrato na Sede xunto ao presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e mostrou a súa satisfacción por continuar no club. Expresou a súa “alegría por seguir formando parte deste proxecto e intentar seguir crecendo. Estou moi ilusionado por como acabou a tempada pasada e o que podemos facer nesta”.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas