ESCUDO-1300x400-02
O Club

O RC Celta supera o millón de seguidores en Facebook e os 400.000 en Instagram consolidando a súa estratexia dixital

RC Celta

O RC Celta continua co seu crecemento dixital con dous novos fitos. A comunidade celtista na rede social Facebook supera o millón de seguidores e en Instagram xa se reúnen 400.000 fans da Afouteza e Corazón. A estratexia dixital do club progresa mensualmente e xa roza os case 5 millóns de seguidores globais entre todas as súas redes sociais.

Facebook convértese, con este millón de usuarios, na segunda rede social con máis seguidores celtistas tras TIKTOK onde se reúnen máis de dous millóns de afeccionados.

Ademais a canle oficial do club en Youtube únese a estes histos superando os 50.000 subscritores. Snapchat é a última rede social onde chegou o RC Celta converténdose no primeiro equipo de LaLiga en ter unha óptico lente propio dentro da plataforma xunto a Real Madrid e FC Barcelona.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas