seguidores en rrss
O Club

O RC Celta supera os 1,5 millóns de seguidores nas redes sociais

RC Celta

 

Seguimos crecendo no terreo dixital! O RC Celta supera os 1,5 millóns de seguidores no total das súas redes sociais.

Se hai pouco recolliamos unha estatística que nos situaba como o mellor equipo de Primeira División en índice de engagement medio, o bo momento tamén se estende ao crecemento de followers.

Twitter, Facebook, Instagram, TikTok, Weibo, YouTube… A cor celeste está cada vez máis presente, chegando a todos os recunchos do mundo.

Desde o comezo da nova tempada, Weibo conta co maior crecemento grazas a 65.748 novos seguidores, seguida de Facebook con 33.617, Instagram con 32.260, Twitter con 21.056, TikTok con 15.000 e YouTube con 8.500.

Contidos exclusivos, ton personalizado, potenciar unha comunidade activa, continua actualización… O esforzo por combinar contidos de entretemento con outros informativos, dunha maneira atractiva para o seguidor, vese recompensado con estas estatísticas obtidas grazas á plataforma Blinkfire.

Este crecemento vese reforzado coa creación de novas canles temáticas centradas nos eSports e na canteira, así como unha conta propia de Twitter en inglés, diversificando aínda máis a oferta de contidos para o seguidor.

Sen dúbida, unha gran noticia para a consolidación e evolución da marca RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas