Hemeroteca celtismo

O RC Celta, un dos protagonistas da subasta de botellas exclusivas de Coca Cola para o Banco de Alimentos

RC Celta

botellasolidaria011215

 

A Sala de prensa do A Madroa foi hoxe escenario da presentación da poxa ‘Botella Solidaria’, pola que calquera persoa pode poxar online por botellas de Coca-Cola asinadas polos seus ídolos futbolísticos de Primeira e Segunda División. Xogadores de clubs de ambas as categorías, entre eles os do RC Celta, sumáronse á acción solidaria de Coca-Cola en favor do Banco de Alimentos, que supón o comezo da campaña de Nadal #hazfelizaalguien.

 

Os interesados en participar poden poxar até o próximo 9 de decembro a través da web de Coca-Cola (www.cocacola.es) polas 29 botellas exclusivas, que contan coa rúbrica dos xogadores. Unha vez finalizada a poxa, cos fondos obtidos, Banco de Alimentos axudará a familias e persoas en situación de necesidade. Ademais, por cada euro recadado Coca-Cola doará un litro de bebida a esta asociación.

 

O acto de presentación da iniciativa contou coa participación de Eduardo Berizzo, adestrador de RC Celta, Pedro Pereira, presidente do Banco de Alimentos de Vigo e María Troncoso de Coca-Cola Iberian Partners.

 

María Troncoso asegurou que esta iniciativa “reforza a nosa crenza en que pequenas accións poden facer feliz a moita xente, como indica a nosa campaña de Nadal que se poderá ver nos próximos días, e que hoxe arrinca con esta acción. Nestas datas gustaríanos axudar a lembrar que o mellor agasallo é axudar a outros”.

 

Ademais, expresou o seu agradecemento ao Real Club Celta por involucrarse dunha maneira tan activa nesta iniciativa e facela posible.

 

Eduardo Berizzo quixo tamén manifestar o seu apoio e o do club a unha iniciativa encomiable e sinalou que “sempre admirei á xente que axuda, pero moito máis á que se preocupa de que outros axuden, os que teñen a iniciativa de propulsar a axuda, de investir o seu tempo para dedicarse aos outros. é admirable”.

 

Pola súa banda, Pedro Pereira Presidente da Federación Española de Bancos de Alimentos de Vigo, agradeceu “o labor de todos aqueles cidadáns anónimos pero tamén empresas, institucións ou clubs deportivos que con, accións como estas, facilítannos a axuda ás familias e persoas que acoden á nosa organización”.

 

Durante 2015, Coca-Cola renovou as súas botellas de vidro Contour para a hostalaría en todo o país. Ao presentar este novo envase, clubs de Primeira e Segunda División involucráronse nesta acción que se vai a presentar en varias cidades españolas para recadar a maior cantidade de fondos para Banco de Alimentos.

 

Toda a información da nova campaña está dispoñible na páxina web www.cocacola.es e poderá seguirse polas redes sociais co hashtag #hazfelizaalguien.

 

Máis información | Poxa pola botella do Celta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas