Un informe económico elaborado pola revista especializada Palco 23 retrata a situación financeira dos clubs españois e sitúa ao RC Celta entre un dos tres clubs de Primeira División que carecen de débeda neta. Este dato reflicte o extraordinario traballo realizado no seo do club para levar á entidade celeste a unha situación admirable e difícilmente imaxinable anos atrás.
O RC Celta converteuse nun modelo a seguir na xestión económica, como así recoñeceu a propia Liga de Fútbol Profesional. A entidade celeste, xunto a Eibar e Athletic Club, son os únicos clubs de Primeira División sen débeda neta, un feito que deixa patente o magnífico traballo realizado nos últimos anos e que permitiu á entidade celeste crecer en todos os ámbitos e afrontar proxectos de enorme magnitude, como a posta en marcha de A Sede e a nova cidade deportiva.