Hemeroteca celtismo

O Real Club Celta e a Federación de Peñas amplían a súa colaboración

RC Celta

Convenio_Peñas_2013.jpg

p>

“Mellorouse o convenio en todos os aspectos”, asegurou José Méndez, presidente da Federación

 

O presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, e o seu homólogo da Federación de Penas, José Méndez, asinaron hoxe na sede social do club o convenio que establece a colaboración entre ambas entidades. Tras unha amena charla ambos os responsables procederon á firma e expresaron a súa satisfacción pola renovación un ano máis deste convenio: “mellorouse o convenio en todos os aspectos”, asegurou José Méndez, “cada ano imos a máis grazas ao Real Club Celta e ao traballo da Fundación”.

 

Tamén estiveron presentes o tesoureiro da Federación de Penas, Argimiro Rodríguez, e o director da Fundación Celta de Vigo, Serafín Alonso, quen valorou a renovación do convenio como “moi importante para a consolidación da actividade social do club”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas