Hemeroteca club

O Real Club Celta e a firma galega Florentino presentan os traxes oficiais

RC Celta

florentino.jpg

As instalacións deportivas da Madroa acolleron a ‘foto de familia’ do plantel e corpo técnico

 

O primeiro plantel e o corpo técnico do Real Club Celta posaron hoxe cós traxes oficiais do club deseñados pola firma galega Florentino. A ‘foto de familia’ foi realizada nas instalacións deportivas da Madroa e nela participaron a totalidade dos xogadores do primeiro equipo e os integrantes dos corpos tecnico e médico do Real Club Celta.

 

Florentino, firma galega de referencia en moda para home, fundada en 1970 polo deseñador e empresario Florentino Cacheda, continúa desta maneira a súa colaboración có Real Club Celta de Vigo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas