escudo_grande.jpg
Hemeroteca club

O Real Club Celta firma un novo acordo histórico: Telefónica terá os dereitos televisivos do club

RC Celta

escudo_grande.jpg

A relación con empresa de telecomunicacións cínguese á tempada 2015/2016

 

O Real Club Celta continúa avanzando na mellora e potenciación dos seus convenios con patrocinadores e no establecemento de novos acordos que supoñan o fortalecimiento económico e social da entidade. Trala firma con empresas punteiras a nivel mundial como adidas, o club alcanzou un acordo de enorme importancia con outra entidade de referencia. O Real Club Celta pechou a cesión dos seus dereitos televisivos para a tempada 2015/2016 a Telefónica S.A.

 

O club quere expresar a súa satisfacción por este acordo cunha das maiores compañías de telecomunicaciones do mundo, con presenza en 21 países e un promedio de 120.000 empregados, e agradecer a Telefónica o seu apoio e boa disposición para selar unha relación moi positiva para a entidade celeste.

 

Telefónica goza de máis de 249,4 millóns de accesos de telefonía móbil, 37,3 millóns de telefonía fixa, máis de 18,1 millóns de accesos de datos e Internet e 4,6 millóns de accesos de televisión de pago.

 

O Real Club Celta quere ademais agradecer a Canal +, posuidor dos dereitos de televisión ata final da presente tempada, o seu apoio e colaboración durante estes últimos anos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas