Hemeroteca club

O Real Club Celta, novo Compoñente de Honra da Coral Casablanca de Vigo

RC Celta

coral_casablanca.jpg

O acto de entrega celébrase este venres ás 20:30 horas no Salón Rexio do Círculo Mercantil de Vigo

A Fundación Coral Casablanca do Círculo Mercantil de Vigo elixiu por unanimidade ao Real Club Celta de Vigo como novo Compoñente de Honra da Coral Casablanca de Vigo, referente no panorama musical vigués e galego.

 

A entrega do título, á que acudirá a conselleira céltica Carmen Avendaño, levarase a cabo coincidindo co concerto homenaxe aos Socios de Honra, que terá lugar este venres 21 de febreiro ás 20:30 horas no Salón Rexio do Círculo Mercantil de Vigo.

 

O RC Celta desexa expresar o maior dos seus agradecementos aos dirixentes e compoñentes da Coral e da súa Fundación por este recoñecemento, que enche de orgullo á entidade celeste.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas