Hemeroteca club

O Real Club Celta participa no ‘Carrusel Benéfico’ do Celta-Selmark

RC Celta

Evento_Creemos_en_ellas.jpg

Futbolistas do R.C. Celta xogarán un combinado de fútbol sala e baloncesto coas xogadoras de basket

 

O Celta Selmark de Baloncesto, en colaboración con varios colectivos e entidades como o Real Club Celta, organiza este domingo 30 de decembro o I Evento Benéfico Nadal-2012 “Creemos en ellas”. Cun marcado carácter lúdico e de divertimento, o acto final será un atractivo partido combinado de fútbol sala e baloncesto coa participación de futbolistas do primeiro equipo do Real Club Celta e o equipo senior do Celta Selmark Baloncesto.

 

Antes deste partido combinado tamén poderá gozarse dunha serie de actos deportivos como un Torneo Baby Basket disputado por 8 equipos da categoría, un partido de baloncesto que enfrontará a xornalistas deportivos da cidade con técnicos e directivos do Celta- Bosco e do Real Club Celta, así como exhibicións de ximnasia rítmica e patinaxe.

 

O evento benéfico arrincará ás 16.00 horas, no Pavillón das Travesas, estando prevista a conclusión para as 22.00 horas. As entradas, xa á venda de forma anticipada no Centro Comercial Camelias, teñen un prezo de 4 euros para os adultos e de 2 euros para nenos de até 14 anos. A entrada dá dereito a 3 horas de parking gratuíto no centro comercial durante a celebración do evento. Os ‘Siareiros’ do Celta- Bosco terán entrada gratuíta ao evento.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas