O Salón Rexio da Sede (Rúa do Príncipe 44, Vigo) acolle este martes 15 de maio ás 20:00 horas a proxección do documental ‘Alén do Cosmos’, coa presenza do seu protagonista Santiago Formoso, o produtor Cuco Piñeiro e o realizador Pedro Pablo Alonso. A entrada ao evento será gratuíta ata completar aforamento.
Alén do Cosmos é un documental sobre o periplo vital de Santiago Formoso, un galego que a finais dos 60 emigrou a Nova York, onde empezou a estudar grazas a unha bolsa deportiva universitaria e acabou gañándose a vida como futbolista no lendario New York Cosmos, xunto a estrelas como Pelei, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johan Cruyff.