celta
Novas club

O Salón Rexio de A Sede abre as súas portas para presenciar o Eibar – RC Celta

RC Celta

1

O Salón Rexio de A Sede abre as súas portas este sábado ás 15:30 para que os afeccionados celestes poidan ver en pantalla xigante o partido entre SD Eibar e RC Celta, que suporá a estrea ligueira para o equipo de Óscar García. O obxectivo é que a afección poida vivir unida os encontros e mandar así ánimos e enerxía aos xogadores nesta ‘Nova Partida 20/21’.

O espazo da Sede abrirá cumprindo escrupulosamente todas as medidas de seguridade decretadas polas autoridades sanitarias. Haberá limitación de aforamento para que se poida cumprir a distancia interpersoal entre os asistentes, que deberán acceder ao interior e moverse polas zonas comúns do inmoble con máscara e terán que utilizar o xel desinfectante instalado no acceso ás instalacións.

A entrada abrirase desde media hora antes do inicio de cada partido e será libre até completar o aforamento previsto de 60 persoas. Todos os asistentes gozarán de servizo de barra durante todo os encontros e ademais o espazo de El Trigal tamén estará aberto para presenciar o encontro.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas