creatividad-o-segundo-que-farei-celta-adapt.jpg
Celtismo

“O segundo que farei”

RC Celta

Cantar a capela o himno antes do inicio dun encontro, empuxar e apoiar ao equipo nos momentos máis difíciles, gritar con fervor un gol celeste… Nas últimas semanas a crise sanitaria causada polo Covid-19 provocou que a afección do RC Celta, a mellor de España durante a última tempada, tivera que aparcar moitas das emocións que lle provocaba o equipo celeste.

Nestes case dous meses de confinamento, o que máis se bota de menos é o calor dos seres queridos e é o primeiro que farán todas as persoas cando poidan saír: abrazar aos seus pais, fillos, avós, amigos, parellas… E o segundo? O segundo será compartir o sentimento polo RC Celta con eles recordando vellas anécdotas, goles históricos, remontadas de lenda… Por todo iso o club lanza a campaña “O segundo que farei” para todos os seus afeccionados. Comparte connosco na páxina web creada para esta campaña osegundoquefarei.com que é o segundo que farás cando se supere a situación actual. Recompilaremos todas as mensaxes para que queden reflectidas para a posteridade e sexan parte da historia do club.

O bo facer de todos os cidadáns durante todo este tempo e o esforzo e entrega dos miles de sanitarios e doutros moitos profesionais conseguiron que cada vez está máis preto o momento no que os afeccionados celestes poidan volver a celebrar unha vitoria xuntos.

O RC Celta estase preparando para a posible volta á competición e o apoio anímico da afección, incansable día tras día e ano tras ano, será esencial para poder conseguir os obxectivos marcados.

Esta campaña contará cun emotivo spot elaborado por Celta Media que se emitirá nas redes sociais do club e estará presente en medios escritos e radiofónicos e en diversos espazos da cidade para facer partícipes ao maior número de afeccionados posible.

Accións do RC Celta

O RC Celta e a súa Fundación envorcáronse desde a orixe da crise sanitaria coas entidades e administracións implicados na loita contra o Covid-19. Durante as últimas semanas ambas entidades fixeron entrega de máis de 300.000 unidades de diverso material sanitario (luvas, geles e mascarillas) postas a disposición da sanidade galega tanto no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo como na propia Central do Sergas.

A Fundación Celta tamén levou a iniciativa ‘batas solidarias’ a distintos hospitais galegos para que os máis pequenos poidan lucir a camiseta do seu equipo durante a súa estancia hospitalaria e así mellore o seu estado de ánimo e a súa saúde.

O RC Celta e a Fundación sumáronse recentemente a unha gran iniciativa do Banco de Alimentos de Vigo, que habilitou a compra de cestas solidarias de produtos básicos a través da súa web www.bancoalimentosvigo.org,

Doutra banda, a residencia da canteira, situada en A Sede, convertéronse en lugar de aloxamento para os sanitarios que están loitando contra o Covid-19 nos hospitais vigueses. O club puxo á súa disposición as habitacións que os xogadores das categorías inferiores celestes deixaron baleiras tralo decreto do estado de alarma cos servizos de mantemento e limpeza activos, zona de esparcimiento, cociña e lavandería.

Ademais, os xogadores do primeiro equipo chamaron aos abonados de maior antigüidade do club para coñecer o seu estado, saber como estaban vivindo o confinamento e compartir con eles anécdotas e vivencias.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas