20200224-A-sede-sol-repsol.png
Novas club

O Silabario estrea un Sol Repsol en A Sede

RC Celta

O Restaurante Silabario de A Sede recibiu este luns por primeira vez un Sol Repsol, premio de recoñecido prestixio e que é o equivalente nacional a unha Estrela Michelín. “Nunha espectacular azotea con vistas á Ría de Vigo, o chef Alberto González plasma unha cociña galega que evoluciona ao devir dos tempos e do propio autor. Excelente materia prima e unha gran adega con máis de 400 etiquetas”, destaca a Guía Repsol.

Cunha cociña inspirada no fabuloso receitario tradicional galego pero cun persoal selo de autor, o prestixioso Restaurante Silabario do chef Alberto González, posuidor da Estrela Michelin de 2012 a 2016, faise agora cun dos galardóns máis destacados da gastronomía nacional. “Este premio reafírmanos e empuxa a seguir traballando duro”, apunta Alberto González, que se mostra moi agradecido e ilusionado. “Temos o mesmo obxectivo que cando abrimos, que non é outro que chegar ao público e ter unha boa acollida entre os comensais”, sinala.

O Silabario comparte os mesmos valores que o RC Celta leva case 97 anos forxando na súa historia: paixón, sentimento e entusiasmo. O club apostou por Alberto González para o seu proxecto gastronómico en A Sede e este recoñecemento confirma que o camiño emprendido por ambos se sustenta pola calidade indiscutible dunha cociña posta ao servizo de todos os seus comensais.

Situado en A Sede, o Restaurante Silabario admite reservas no teléfono 986 077 363 e na web https://silabario.gal/es e está aberto domingo e luns de 13.30 a 15.45 horas e de martes a sábado de 13.30 a 15.45 horas e de 21.00 a 23.15 horas.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas