
Un ano máis volve o noso xa tradicional Torneo de Golf Celta Empresas. Nesta edición trasladámonos ao exclusivo Real Club de Golf da Toxa, un contorno único onde queremos ofrecer a mellor experiencia a patrocinadores, colaboradores, traballadores e celtistas que apoiaron o club durante toda a tempada.
Os participantes confirmados poderán gozar de dúas xornadas moi especiais os próximos 4 e 6 de xuño, combinando deporte, networking e lecer nunhas instalacións idílicas.
A primeira cita terá lugar o xoves 4 de xuño, cando os invitados de patrocinadores, colaboradores e membros do Club Celta Empresas serán recibidos a partir das 15:30 horas. Tras a recollida do welcome pack, dará comezo o torneo, acompañado dun refrixerio para todos os participantes.
A actividade continuará o sábado 6 de xuño coa participación dos socios do Real Club de Golf da Toxa. A xornada contará con dúas saídas, unha pola mañá ás 08:30 horas e outra pola tarde ás 13:50 horas, antes de poñer o broche final ao torneo.
A partir das 21:30 horas, os participantes de ambas as xornadas poderán gozar da tradicional entrega de premios e cóctel de clausura no Beach Club do Real Club de Golf da Toxa.
Os asistentes participarán en diferentes sorteos con atractivos premios, entre os que se inclúen estadías en hoteis, viaxes, produtos gastronómicos selectos, camisetas asinadas do Celta e moitas máis sorpresas. En canto aos recoñecementos no apartado deportivo, entregaranse premios aos mellores clasificados de cada unha das categorías:
- 1º Clasificado 1ª Categoría
- 2º Clasificado 1ª Categoría
- 1º Clasificado 2ª Categoría
- 2º Clasificado 2ª Categoría
- 1º Clasificado Scratch
Así mesmo, recoñeceranse os mellores resultados nas seguintes probas especiais:
- Saída máis longa masculina (Hoyo 2)
- Saída máis longa feminina (Hoyo 2)
- Bola máis próxima (Hoyo 5)
- Bola máis próxima (Hoyo 14)
Desde o club animamos a todos os afeccionados e colaboradores a formar parte desta experiencia única, que combina deporte, relacións empresariais e sentimento celeste nun dos campos de golf máis emblemáticos de Galicia. Unha nova oportunidade para compartir unha xornada de Celta Empresas nun contorno inigualable e seguir fortalecendo os lazos entre empresas, colaboradores e afeccionados celestes.
Se desexas participar e aínda non fuches convidado ou non estás inscrito, podes contactar connosco a través de comercial@celta.gal, onde che indicaremos como proceder.