Hemeroteca club

O Trofeo Federación Galega, unha gran festa para o fútbol de Galicia

RC Celta

GALEGOS_120814.jpg

O RC Celta, satisfeito por apoiar ao deporte base e desesoxo dun ‘derbi’ coa máxima cordialidade

Ante a disputa mañá en Pasarón do I Trofeo Federación Galega de Fútbol, o Real Club Celta quere expresar en primeiro lugar a súa satisfacción por colaborar nun evento destinado ao financiamento do fútbol base da comunidade e en segundo lugar o seu sincero desexo de que o partido se converta nunha gran festa do fútbol galego no que reine a concordia e a harmonía entre as dúas afeccións.

 

Este “derbi” entre os dous grandes equipos de Galicia representa unha gran oportunidade para dar exemplo de bo comportamento ao redor dun deporte que nos une e no que a rivalidade existente debe plasmarse no firme apoio de cada afección ao seu equipo, co respecto ao rival como eixo e a cordialidade como aceno de identidade.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas