Creatividades_Visionado_002_1920x615
Celtismo

O UD Las Palmas – RC Celta xogámolo todos xuntos!

RC Celta

Celtismo, este sábado temos unha nova cita. O salón Rexio de A Sede volverá abrir as súas portas para gozar da novena xornada de LALIGA EA SPORTS que enfrontará ao RC Celta coa UD Las Palmas, ás 18:30h. no Estadio de Gran Canaria.

A apertura de portas realizarase media hora antes do comezo do partido (18:00h.) e o acceso será libre ata completar capacidade a todos os afeccionados que teñan o Carné Celtista en calquera modalidade (As Celtas, Colaborador ou Abonado). Solicitarase o carné na entrada polo que é fundamental que todos os asistentes léveno, tanto de forma física como dixital. Durante o encontro, haberá unha mesa de comida quente da man de El Trigal.

Como sempre, será unha oportunidade para gozar todos xuntos dunha nova xornada a domicilio e así, seguir empuxando ao equipo cara á vitoria. Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas