El_Sol_16x9
Internacional

Oliveira dos Cen Anos triunfa no prestixioso Festival El Sol

RC Celta

Oliveira dos Cen Anos,  o himno do centenario do RC Celta, continúa levantando paixóns e recollendo os froitos do inmenso traballo que houbo detrás da súa produción. Neste caso, logrou alzarse co Gran Premio de Ouro en Brand Content e Premio Platino á mellor campaña Iberoamericana no prestixioso Festival El Sol.

Uns premios que reivindican a creatividade como forza transformadora e motor de negocio nos que o RC Celta destacou xunto a grandes marcas como Netflix, Samsung ou Estrella Galicia.

A 38º edición de El Sol, Festival Iberoamericano da Comunicación Publicitaria, é un dos festivais de referencia en España e Iberoamérica. España foi o país que liderou o ranking de premiados con 6 grandes trofeos e a volta do premio Platino. En total foron 10 os países galardoados nunha cerimonia celebrada no Teatro Cervantes (Málaga).

RC Celta

Etiquetas

Internacional Novas club Novas destacadas

Noticias recomendadas