Hemeroteca club

Orgullo, afouteza e tradición no corazón de Vigo

RC Celta

nuevasede240415b.jpg

O Celta pecha a compra do edificio do Mercantil, en Príncipe, e fai historia ao dotarse de patrimonio


MENSAXE DO PRESIDENTE


 

Fito histórico, gran paso adiante do Real Club Celta, que avanza con paso firme na realización de proxectos que garantan un futuro estable e ilusionante. O presidente do club, Carlos Mouriño, pechou hoxe a compra do edificio que albergará a sede social da entidade, un inmoble situado no corazón de Vigo, na rúa do Príncipe, e que pertencía ao Círculo Mercantil, que coa venda desta propiedade garante a súa viabilidade.

 

Con esta operación, o Real Club Celta dispón por fin de patrimonio cunha sede social que permitirá ademais a apertura de novas vías de negocio e propiciará unha relación máis próxima do club coa súa afección.

 

Antes da firma, o presidente celeste púxose en contacto coas dúas candidaturas que se presentarán ás eleccións da xunta directiva do Mercantil para explicarlles de maneira minuciosa as condicións de compra-venda recollidas nas escrituras e coas que expresaron a súa total conformidade.

 

O club quere expresar a súa gran satisfacción por esta adquisición que xa forma parte da historia da entidade e que supón un avance de enorme importancia no proxecto celeste encamiñado a non só ser un equipo, senón ser un club e quere ademais mostrar o seu agradecemento e os seus mellores desexos ao Círculo Mercantil.

 

nuevasede240415a.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas