escudo_grande.jpg
Hemeroteca celtismo

Os abonados de Tribuna Alta serán recolocados noutras bancadas por mor das obras

RC Celta

escudo_grande.jpg

 

O RC Celta informa aos seus abonados da grada de Tribuna Alta que debido ao atraso na execución das obras de remodelación do estadio serán recolocados noutras bancadas de Balaídos no primeiro partido de Liga (luns, 22 de agosto) ante o Leganés.

 

Os abonados da mencionada grada serán trasladados ás de Tribuna Baixa, Río Alto e Rio Baixo ata esgotar aforo. A partir do próximo xoves 18 poderán recoller nas taquillas de Balaidos as súas localidades de traslado, que serán entregadas por orde de chegada e ata completar os asentos dispoñibles nas mencionadas gradas.

 

Tanto ese día como o venres 19 e o sábado 20, o horario de atención aos abonados nas taquillas do estadio será de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o día do partido abrirán de xeito ininterrumpido desde as 10 e ata o comezo do choque. O RC Celta recomenda aos abonados que acudan a retirar as entradas ao longo da presente semana para evitar posibles colas o día do partido.

 

O club informa tamén aos abonados históricos que para este encontro non poderán recoller ningunha das súas invitacións e aos afeccionados que as únicas localidades á venda corresponderán á Grada de Gol.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas