Hemeroteca celtismo

Os abonados poden retirar o suplemento para o Celta-Barcelona ata mañá

RC Celta

R.Lago_Barcelona-Celta.jpg

A oficina de abonados abre de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas

 

Tras esgotarse todas as entradas para o partido RC Celta-FC Barcelona (30/03/2013, 18:00), a oficina de abonados continuará despachando suplementos para asistir a este emocionante encontro até mañá venres 22 de marzo.

 

O club lémbralles aos abonados de tempada que renovaron ou se deron de alta despois do 15 de xullo e aos anuais que o fixeron despois do 20 de decembro, que deberán retirar na oficina de abonados o suplemento para asistir ao partido ante o club blaugrana. O prezo é de 20 euros para a categoría adulto e de 10 euros para o resto.

 

Balaídos rexistrará un ambiente espectacular que, sumado ás xa tradicionais iniciativas de animación do estadio (corear a aliñación, bufandeo, himno “a capella”), asegurará un plus de motivación ao equipo celeste no seu enfrontamento ante o líder da Primeira División.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas