Como parte da campaña de abonados “Isto Vai De Corazón”, os abonados celestes recibiron xunto ao seu carné varios cupóns con importantes descontos nalgúns dos establecementos do club celeste: tendas de A Sede e Abanca Balaídos, Clínica RC Celta e Restaurante Silabario.
Agora, coincidindo co ilusionante peche do mercado de fichaxes que protagonizou o RC Celta, os abonados xa poden comezar a trocar os seus vales e gozar duns prezos especiais até o próximo 24 de novembro. Para iso, tan só terán que presentar o carné de abonado (persoal e intransferible) no momento da compra.
Trátase dunha gran ocasión para que os abonados celestes descubran os servizos que a Clínica RC Celta, dirixida polo Dr. García Cota e o resto do equipo que cada día coidan dos xogadores do primeiro equipo, ofrecen a todos os públicos. Pero tamén para gozar da cociña e vistas únicas do Restaurante Silabario, situado na cúpula de A Sede, ou adquirir produtos do RC Celta (incluída a nova colección oficial da tempada 2019/20) e outras marcas recoñecidas.
O RC Celta anima a todos os seus abonados a que non deixen pasar esta oportunidade e aproveiten os prezos especiais que lles ofrecen estes vales exclusivos co que o club agradece a súa confianza no proxecto da tempada 2019/20.