Hemeroteca celtismo

Os afeccionados con entradas para o Celta-R.Madrid poderán devolvelas

RC Celta

aficionados060217.JPG

Os afeccionados que adquiriron entradas para o partido de Liga ante o Real Madrid en Balaídos, aprazado por razóns de seguridade, poderán devolvelas nos despachos de billetes do estadio e recuperar o seu diñeiro. O prazo para realizar esta devolución irá desde hoxe, luns 6 de febreiro, até 5 días transcorridos tras a comunicación da nova data de celebración do encontro.

 

Os afeccionados que non devolvan as súas entradas e consérvenas, poderán utilizalas para acceder ao Celta-Real Madrid cando se dispute.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas