ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

Os afeccionados de LaLiga elixen á camiseta celeste como a máis bonita de Primeira División

RC Celta

O mundo do fútbol pronunciouse de xeito inequívoco: a camiseta da primeira equipación do RC Celta é a máis bonita de LaLiga. Os afeccionados así o recoñeceron de xeito masivo nunha enquisa lanzada por LaLiga nas súas redes sociais cunha pregunta sinxela e directa: Cal é a túa camiseta favorita de LaLiga Santander?.

A máis votada por afeccionados de toda España e diversos países do mundo foi a celeste, cunha clara vantaxe sobre a elixida en segundo lugar. A camiseta da primeira equipación do RC Celta foi seleccionada de xeito maioritario nunha votación con decenas de miles de participantes.

O club tamén promocionou a votación nas súas redes sociais Twitter, Facebook e Instagram e animou aos seguidores celestes de todo o mundo a que participasen. A resposta foi espléndida e por iso o RC Celta quere agradecerlles a todos os afeccionados o respaldo ofrecido.

A camisola celeste superou con claridade á do Granada, segunda na votación, que á súa vez precede na elección ás de Real Madrid, Barcelona e Atlético de Madrid.

As dúas equipaciones celestes e a liña de roupa de adestramento da presente tempada tiveron un gran recibimento por parte da afección céltica. Este recoñecemento á beleza da camiseta celeste desde toda España e outros moitos países supón un gran orgullo para o club, en especial trala campaña de lanzamento desta primeira equipación co lema ‘envexa celeste’, que levou a camisola a outras cidades do mundo cuxos equipos comparten a cor que identifica ao RC Celta.

A afección celeste pode presumir xa que logo de que o seu equipo loce a camiseta máis bonita da Primeira División española, unha peza única que encandea a seguidores de todo o mundo.

Podes adquirila AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas