E volveu a suceder: a camiseta do primeiro equipamento do RC Celta é a máis bonita de LaLiga. Por segunda tempada consecutiva, os afeccionados decantáronse pola celeste, que triunfou de maneira clara na enquisa lanzada por LaLiga nas súas redes sociais para determinar cal é a súa camiseta favorita.
A que máis votos obtivo en toda España e diversos países do mundo foi camiseta do RC Celta nunha enquisa con decenas de miles de participantes. Como na anterior tempada, o club promocionou a votación nas súas redes sociais Twitter, Facebook e Instagram e animou aos seguidores celestes a que participasen. Unha vez máis, o RC Celta quere agradecerlles a todos os afeccionados o respaldo ofrecido nesta votación.
A camiseta pódese adquirir na tenda online oficial do RC Celta: https://shop.rccelta.es/gl/