ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

Os afeccionados de LaLiga elixen á camiseta celeste como a máis bonita de Primeira División por segundo ano consecutivo

RC Celta

E volveu a suceder: a camiseta do primeiro equipamento do RC Celta é a máis bonita de LaLiga. Por segunda tempada consecutiva, os afeccionados decantáronse pola celeste, que triunfou de maneira clara na enquisa lanzada por LaLiga nas súas redes sociais para determinar cal é a súa camiseta favorita.

A que máis votos obtivo en toda España e diversos países do mundo foi camiseta do RC Celta nunha enquisa con decenas de miles de participantes.  Como na anterior tempada, o club promocionou a votación nas súas redes sociais Twitter, Facebook e Instagram e animou aos seguidores celestes a que participasen. Unha vez máis, o RC Celta quere agradecerlles a todos os afeccionados o respaldo ofrecido nesta votación.

A camiseta pódese adquirir na tenda online oficial do RC Celta: https://shop.rccelta.es/gl/

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club

Noticias recomendadas