ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

Os afeccionados que desexen acudir ao RC Celta-Granada CF poderán adquirir entradas desde este venres

RC Celta

Tralo revitalizante triunfo ante o Levante, o RC Celta buscará o luns ante o Granada (Abanca Balaídos, 21.00 horas) a súa primeira vitoria ante a súa afección. Unha vez pechado o prazo de reserva de entradas para os abonados, o club pon a disposición dos afeccionados billetes para as bancadas de Tribuna Alta e Baixa, Río Baixo e Gol con prezos que oscilan entre os 30 e 50 euros en categoría adulto e os 15 e 30 para os sub-25.

As entradas poden adquirise desde este venres a partir das 12.00 horas e ata o comezo do partido na sección de entradas da páxina web oficial www.rccelta.es o pinchando AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas