Miguel Torrecilla e o RC Celta acordaron non prolongar unha relación que conclúe esta tempada e que se prolongou durante sete campañas. O Real Club Celta quere expresarlle a Torrecilla o seu máis sincero agradecemento pola súa dedicación, o seu esforzo e o gran traballo que realizou desde a súa chegada á entidade celeste, onde se converteu nunha peza de enorme importancia nun proxecto que conduciu ao equipo desde Segunda División ata Europa.
O club quere ademais dexellarlle un gran éxito na nova etapa profesional que emprenderá a próxima tempada. Miguel Torrecilla despedirase da afección celeste nunha comparecencia que terá lugar ao longo dos próximos días.