Hemeroteca celtismo

Os despachos de billetes abren este luns de 10:00 a 22:00 horas

RC Celta

celta-athletic_ilustracion.jpg

Os abonados poden retirar con cada carné unha entrada por 10 euros para o RC Celta-Athletic Club

 

Balaídos acolle este luns un espectacular partido entre RC Celta e Athletic Club no que un gran ambiente celtista está garantido. A venda de entradas foi constante ao longo de toda a semana, cun bo número de billetes despachados no marco da promoción especial de San Valentín: cada abonado pode retirar unha entrada para a súa mesma bancada por tan só 10 euros.

 

Este luns os despachos de billetes do estadio permanecerán abertos desde as 10:00 até as 22:00 horas para que os abonados e afeccionados que aínda non adquirisen as súas entradas teñan a oportunidade de facelo. Os prezos para o público en xeral oscilan entre 25 e 50 euros para adultos e entre 15 e 25 euros para afeccionados Sub-24.

 

O club anima a todos os celtistas a acudir ao estadio nesta importante e complicada xornada, pois o seu apoio desde a bancada é fundamental para o equipo.

 

Por outra banda, con motivo do día de San Valentín, a tenda oficial do Real Club Celta ofrece un espectacular desconto do 30% nalgúns produtos da marca Adidas, provedor oficial do club.

 

Os afeccionados poderán beneficiarse desta gran rebaixa na compra do anorak, sudadera, camiseta de adestramento, chubasqueiro, cortaventos e polo, todos eles produtos oficiais do Real Club Celta coa garantía de calidade Adidas.

Esta promoción, que non é acumulable a outros descontos, estará vixente até o día 14 de febreiro na tenda oficial do Celta, situada no estadio de Balaídos. O establecemento celeste permanece aberto de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas