Hemeroteca celtismo

Os despachos de billetes de Balaídos abren mañá sábado

RC Celta

RC_Celta_vs_Real_Madrid_-_Taquillas_abiertas_sábado.jpg

p>

Poderán adquirirse entradas e suplementos para o R.Madrid de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas

 

 

Os despachos de billetes do estadio de Balaídos permanecerán abertos mañá sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Os afeccionados poderán retirar tanto entradas como suplementos para o partido RC Celta – Real Madrid (domingo, 19:00 horas), para o que xa se esgotaron as localidades nas bancadas de Preferencia e Gol.

 

 

A penas quedan uns centos de entradas dispoñibles para as bancadas de Río e Tribuna, co cal o cheo está moi preto de conseguirse e o ambiente espectacular está asegurado.

 

 

Os abonados de tempada que renovaron ou se deron de alta despois do 15 de xullo e aos anuais que o fixeron despois do 20 de decembro, deberán retirar na oficina de abonados un suplemento para este choque antes do xoves 7 de marzo. O prezo deste suplemento é de 20 euros para a categoría adulto e de 10 euros para o resto.

 

 

As entradas poden adquirirse tamén a través do servizo online as 24 horas do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta e ademáis de mñaá sábado, os despachos de billetes do estadio permanecerán abertos o domingo desde as 10:00 horas até o inicio do encontro.


Este partido será Día do Club, polo que os distintos convenios quedan anulados e por iso hai billetes dispoñibles para as bancadas de Gol e Preferencia, xa esgotada, ademais de para as habituais, Río e Tribuna.


Tanto para o encontro ante o Real Madrid como para o do F.C.Barcelona, cuxas entradas están tamén á venda, os prezos son de 60 euros na bancada de Gol, de 80 nas bancadas de Río Alto e Río Baixo e de 95 euros na bancada de Tribuna. En categoría Sub-23, o custo das entradas é de 45 euros en Gol e Preferencia e de 65 en Río Alto e Baixo.

  

 

 

ENTRADAS

SUPLEMENTO

ADULTO

SUB 23

ADULTO

SUB23

TRIBUNA

95

NON DISPOÑIBLE

 

20

 

10

RÍO ALTO

80

65

RÍO BAIXO

80

65

GOL

ESGOTADO

ESGOTADO

PREFERENCIA

ESGOTADO

ESGOTADO

MARCADOR

ESGOTADO

ESGOTADO

FONDO

ESGOTADO

ESGOTADO

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas