Audiovisual

Os fillos de Aspas e Hugo Mallo protagonizan o spot de Nadal do minikit

RC Celta

Hugo Mallo, Iago Aspas e os seus fillos, Luca e Tiago, protagonizan o novo anuncio realizado por Celta Media para promocionar a oferta especial coa que shop.rccelta.é celebra o Nadal. Os afeccionados celestes teñen a oportunidade de conseguir o minikit infantil (camiseta, pantalón, medias) e a camiseta júnior coa serigrafía e os gastos de envío de agasallo, unha oferta exclusiva da tenda online.

Ademais, a compra de calquera destes produtos pode complementarse con dous packs especiais que farán as delicias dos máis pequenos:

  • Pack Miudiño: recibirás a túa compra nunha embalaxe especial do RC Celta e cun tarjetón asinado por un dos xogadores do primeiro equipo.
  • Pack Estadio: o neno/a terá a oportunidade de pousar co once inicial nun partido en Abanca Balaídos e recibir a fotografía de recordo. Máis información aquí.

Baixo a lema “Que non o fagan doutro equipo”, o RC Celta anima a todos os celtistas a aproveitar esta espectacular oferta e transmitir o seu celtismo aos máis novos da casa.

* Nota: as devolucións destes dous produtos poderán realizarse até o 15 de xaneiro.

* Nota 2: a primeira publicación desta campaña realizada polo club contiña un erro gramatical, sinalado por varios afeccionados nas redes sociais. Tras comprobalo coa RAG corrixiuse. A defensa de Galicia e o seu idioma foi, é e seguirá sendo parte da nosa identidade, polo que traballaremos para evitar este tipo de erros no futuro.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Fanzone

Noticias recomendadas