A Sede abrirá as súas portas para que os afeccionados celestes poidan gozar xuntos do primeiro partido que o RC Celta xogará fóra de casa esta tempada. Unha terceira xornada de LALIGA EA SPORTS que nos enfrontará ao Villarreal CF este luns, 26 de agosto, ás 21:30 no estadio de La Cerámica. A apertura de portas realizarase unha hora antes do comezo do partido (20:30) e o acceso será libre ata completar aforo para todos os afeccionados que teñan o Carné Celtista en calquera modalidade (As Celtas, Colaborador ou Abonado). Solicitarase o carné á entrada polo que é fundamental que todos os asistentes léveno, tanto de forma física como dixital.
Será un evento moi especial nun espazo único como o Salón Rexio da Sede. Haberá unha sesión DJ para ir quentando motores antes do comezo do partido e unha mesa quente de comida de El Trigal dispoñible durante o mesmo.
O celtismo unido é o principal motor do RC Celta polo que xuntos, e en calquera lugar, seguiremos empuxando ao equipo cara á vitoria. Vémonos, afección!