A Agrupación de Antigos Xogadores do RC Celta, ás ordes de Moncho Carneiro, viaxa a Torrelavega este domingo 8 de abril para disputar a clasificación ao Campionato de España de Fútbol 7 de veteranos. Os celestes debutarán ás 09:45 contra o Logroñés e nesta fase tamén participan Osasuna, Barakaldo, Irún, Eibar, Real Sociedad, Sestao, Mirandés, Athletic Club, Gimnástica Torrelavega, Racing Club de Santander e Real Sporting de Gijón.
O gañador recibirá unha invitación da Federación Española de Futbolistas Veteráns para participar na fase final o próximo mes de maio en Alacante.