Hemeroteca club

Os xogadores celestes visitan escolas de fútbol da Fundación e clubes de Afavi

RC Celta

visita_nolito_afvi_22414.jpg

Nolito, Yoel, Mario Bermejo, Oubiña e Fontás departiron con numerosos nenos destas entidades

 

Xornada especial para as escolas de fútbol da Fundación Celta e varios clubs da Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, entidade unida ao Real Club Celta e ao seu Fundación por un modélico convenio de colaboración. Xogadores do primeiro equipo, acompañados por directores e técnicos celestes, visitaron esta tarde as instalacións das Escolas da Madroa e O Castro e dos clubes San Miguel, Lavadores, Gran Peña e Candeán, onde charlaron cos nenos, asinaron autógrafos e explicaron as características dos Campus de Verán da Fundación Celta de Vigo. 

 

O Real Club Celta e a súa Fundación continúan promoviendo actividades encamiñadas a divulgar o celtismo e a potenciar o fútbol base. Esta tarde, media ducia de xogadores do primeiro equipo, acompañados por representantes do club, visitaron escolas e clubes de Afavi, entidade que en 2009 asinou un histórico convenio de colaboración co Real Club Celta e a súa Fundación.

 

A Asociación Deportiva Lavadores recibiu a visita de Nolito e do director de Marketing celeste Camilo Lobato. Á sede do San Miguel C.F. desprazáronse Andreu Fontás e o director da Fundación Celta de Vigo Germán Arteta, mentres que Borja Oubiña e o director xeral do club, Antonio Chaves, acudiron ás instalacións do Gran Peña e Mario Bermejo e o director deportivo celeste, Miguel Torrecilla, ás do Candeán. O dianteiro celeste visitou tamén as Escolas deportivas da Fundación Celta na Madroa e Yoel e Ratkovic as de O Castro. Este xoves, Levy Madinda e Germán Arteta visitarán outro dos clubs de Afavi, o Arenas de Alcabre.

 

Os xogadores celestes compartiron experiencias e inquietudes cos nenos das categorías inferiores destes clubes e das escolas, asinaron autógrafos e explicáronlles o funcionamento dos Campus de Verán da Fundación Celta de Vigo unha vez aberto o prazo de inscripción.


Esta actividade terá continuidade a próxima semana con novas visitas de xogadores e representantes do Celta e a Fundación ao resto de clubes integrados en Afavi.

 

visitas_afavi_web_22414.jpg

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas