pack-16-9
Celtismo

Apoia a As Celtas: pack especial con camiseta, bufanda e Carné Celtista

RC Celta

A camiseta de As Celtas xa está aquí! O novo cadro celeste estreou no día de hoxe a equipación que lucirá a presente tempada.

En conmemoración desta peza histórica e co obxectivo de que todo o celtismo apoie a As Celtas no arranque do seu primeiro curso, o club lanzou un pack especial: Carné Celtista As Celtas + bufanda As Celtas + camiseta As Celtas por 119,95€. Unha promoción, exclusiva en liña, dispoñible ata o 5 de setembro.

A recollida deste pack será na tenda oficial do RC Celta de Abanca Balaídos o 7 de setembro, previa ao primeiro partido da historia de As Celtas, que terá lugar ese mesmo día ás 16:30h no fortín celeste. A idea é que todo o celtismo asolague o campo e arredores uniformados coa nova pel de As Celtas nunha data para o recordo.

Corre polo teu pack, AQUÍ!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas