DSC04398
O Club

Paula González únese As Celtas

RC Celta

  • Paula Gonzalez Jorge (13 de outubro do 2004) convértese na nova xogadora de As Celtas. A defensa de 19 anos chega procedente do UD Mos, equipo do que era segunda capitá e onde desenvolveu gran parte da súa carreira.
    Cunha clara paixón polo fútbol, Paula iniciou a súa formación aos 4 anos no Coruxo e, catro anos máis tarde, continuou o seu desenvolvemento deportivo nos benxamíns do San Miguel. Aos 13 anos, uníase ao UD Mos onde, na tempada 2019/20, convertíase en campioa de liga e lograba o ascenso a Primeira Nacional. Un éxito que a levou a alzarse co trofeo Vide a mellor xogadora de Vigo desa tempada.
    Por outra banda, Paula foi convocada coa Selección Galega desde sub12 ata sub17 chegando a proclamarse campioa sub15 de Galicia. Ademais, na tempada 2019/20, recibía a chamada da Selección Española sub 16.
    Agora, Paula González aterra en As Celtas onde seguro será unha peza clave na defensa do cadro celeste.
  • Benvida, Paula!
RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas destacadas O Club

Noticias recomendadas