grada-de-rio-celta-abanca-balaidos-2019.jpg
Celtismo

Peche de Río: a totalidade de abonados celestes deberán retirar invitacións para o Memorial Quinocho

RC Celta

O peche da Bancada de Río por parte do Concello abocará á familia celeste a demostrar unha vez máis a súa comprensión e solidariedade. Co fin de garantir que os abonados de Rio poidan presenciar o partido do Memorial Quinocho ante a SS Lazio (sábado, 20.00 horas) a totalidade de abonados do RC Celta deberán retirar unha invitación para o encontro, ao que non se poderá acceder con carné. Esta medida suporá unha lóxica incomodidade para os abonados celestes, pero é a única maneira de garantir o posible acceso aos socios da Bancada de Río.

A capacidade do estadio de Abanca Balaídos será o sábado menor de 14.000 espectadores, cifra sensiblemente inferior á masa social. Para que todo aquel abonado que o desexe poida asistir ao choque ante a Lazio, incluídos os da Bancada de Río, nun partido no que de maneira tradicional non se alcanza esa cantidade de espectadores, o RC Celta adoptará as seguintes medidas:

Os abonados do RC Celta das Bancadas de Tribuna Alta e Baixa, Gol e Marcador poderán reservar o seu asento até o mércores ás 20.00 horas online na páxina web oficial coa ligazón https://www.rccelta.es/index.php/es/reserva-quinocho ou recollela directamente nos despachos de billetes do estadio o martes e mércores en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Aqueles que reservasen online recibirán un correo electrónico de confirmación e poderán recoller a súa invitación até o sábado nos despachos de billetes mostrando o carné de abonado e o correo electrónico recibido.

A partir do xoves ás 10.00 horas, a totalidade de abonados, incluídos os de Río, poden obter nesa mesma ligazón unha invitación, neste caso para os asentos que sigan dispoñibles, non o que lles corresponde no carné, e até completar a capacidade. Poden tamén retirar a invitación nos despachos de billetes do estadio desde o xoves e até o comezo do partido.

O club recomenda encarecidamente aos abonados que reserven a súa invitación online que acudan a retirala antes das 19.00 horas do sábado para evitar colas nos despachos de billetes do estadio.

Debido ao reducido aforamento que terá o estadio, o club non porá entradas á venda para o público xeral.

O RC Celta quere agradecer á masa social a súa comprensión ante o inesperado peche da Bancada de Río e a súa solidariedade cos abonados da mencionada bancada.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas